Expectativas

Alba: As expectativas que teño sobre esta materia non están moi claras, xa que non sei exactamente o que traballaremos, pero paréceme que vai ser bastante interesante traballala xa que os nenos empregan moito a tecnoloxía. Os medos que teño sobre a asignatura son non estar a altura da esixencia académica e ser unha completa ignorante das tecnoloxías así que o único que espero é que esta materia me sirva para aproveitar ben o recurso das TIC.

Javi: No referente as espectativas que teño sobre esta asignatura, non van mais alo do implícito ao seu nome. A pesar disto, chamame a atencion a súa relación coas novas tecnoloxías xa que é algo que me gusta moito e que é de grande importancia para a figura do/a educador/a xa que permitirálle acceder a infinitos recursos didácticos no seu día a día.

Anahí: As miñas expectativas son moi elevadas para esta materia, paréceme fundamental, xa que as TIC están presentes en tódolos ámbitos da educación. As miñas inquedanzas por esta materia son o meu descoñecemento destes ámbitos, excepto nos aspectos artísticos. Por agora, a primeira clase pareceume totalmente dinámica e moi instructiva, xa que a creación deste blog foi algo que nunca fixera. O cambio de mestra en medio do cuatrimestre pode ser intereante para coñecer outra perspectiva.

Beatriz: As miñas expectativas respecto a esta materia, non son claras, xa que aínda non sei como será a materia en concreto, pero penso que é necesaria para a nosa formación, xa que vai depender moito das tecnoloxías.

Naiara: As miñas expectativas desta materia son positivas e a mesma vez non moi claras xa que aínda non sei as orientacións da materia. Pois ben as TIC son fundamentais e tódolos ámbitos da educación e por elo como futuros docentes debemos aprender a navegar nas redes,a innovar ca tecnoloxía…O que quizáis me asuste un pouco da materia é o feito de non alcanzar os obxetivos que esta require xa que non son moi dada as tecnoloxías mais espero aprender muitísimas cousas.

Deja un comentario

Diseña un sitio como este con WordPress.com
Comenzar